CRTVG

Buscar

Intensíficanse os controis nas vilas turísticas por saltar o peche perimetral

Publicado o 31/03/2021 16:06

Sol, temperaturas inusualmente altas e días festivos. Unha combinación perfecta para que as vilas turísticas, especialmente as do litoral, comecen a recibir turistas. Pero é unha Semana Santa diferente, con restricións impostas pola covid. A maioría dos visitantes son galegos, pero tamén hai quen non respecta o peche perimetral.

As forzas da orde están alerta e detectan a picaresca que algúns tentan empregar para saltar os controis.

Só no concello de Nigrán a Policía Local impuxo 20 sancións por infrinxir o peche perimetral dende a ponte de San Xosé. A Xunta pide reforzar os controis.

Noticias web

31/03/2021