CRTVG

Buscar

Intensifícanse os controis nas Rías Baixas para impedir o acceso ás segundas residencias

Publicado o 07/04/2020 21:19

O calendario marca vacacións de Semana Santa e mesmo saíu o sol, pero Praia América está insolitamente deserta e así debe seguir estando. E coma ela, todas as demais. Para conseguilo, un cruzamento de camiños tan estratéxico como o da Ramallosa está vixiado por axentes da Policía Local dos tres concellos lindeiros.

Cando se decretou o estado de alarma, moitos cidadáns recoñeceron, atónitos, a presenza de visitantes nas localidades máis turísticas de Galicia. Pasaron as semanas e medrou a conciencia social sobre o confinamento, pero, aínda así, nas últimas horas 5 persoas en Baiona e unha en Gondomar foron multadas por acudiren ás súas segundas residencias.

Saltar o confinamento comporta multas que van dos 100 aos 30.000 euros e, nos casos máis graves, penas de prisión.

Noticias web

07/04/2020