CRTVG

Buscar

Intensifícanse os controis de acceso a Galicia por estrada

Publicado o 23/12/2020 20:54

Tráfico intenso na autovía das Rías Baixas. A Garda Civil controla a entrada dos viaxeiros en Galicia.

Os axentes realizan controis durante a toda a xornada a altura da Gudiña.

Os máis dos condutores contan que levan meses sen visitar Galicia. O levantamento do peche perimetral para as xuntanzas familiares de Nadal permítelles voltar a casa cos seus durante as festas.

Din facer esta viaxe de volta a casa ilusionados, pero lembran a importancia de non baixar a garda nos vindeiros días.

O dispositivo especial de vixiancia nas estradas seguirá operativo nos vindeiros días en toda a comunidade galega.

Noticias web

23/12/2020