CRTVG

Buscar

Intensifícanse as negociacións en Ourense para o control do Concello e da Deputación

Publicado o 11/06/2019 16:56

Polo de agora todo segue aberto tanto no Concello como na Deputación provincial. Democracia Ourensana é chave e considera fundamental que sexan eles os que ocupen a alcaldía da Cidade das Burgas.

En segredo, sen luz nin taquígrafos, así se están a levar a cabo as negociacións en Ourense. Polo de agora todo está aberto. A forza máis votada no concello é o PSOE e na Deputación o Partido Popular. Democracia Ourensana con 7 edís na corporación municipal e 2 deputados provinciais ten a chave. Di que non existen liñas vermellas pero considera fundamental ocupar a alcaldía.

Recoñece que se está a negociar de forma conxunta o goberno das dúas institucións. O PSOE garda silencio polo de agora. Dende o PP, o actual alcalde en funcións defende que goberne a lista máis votada, como lles propuxo a dirección autonómica do partido aos socialistas.

Lembra que hai catro anos non se soubo nada ata o momento mesmo do reconto o propio sábado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019