Intensifícase a loita contra o incendio de Málaga tras melloraren as condicións meteorolóxicas
Publicado o 11/09/2021 13:59
Continúa a loita contra o incendio de Sierra Bermeja, en Málaga, cunha melloría na previsión meteorolóxica para as próximas horas. O lume, que mantén activo o nivel 2 do Plan Infoca, afecta a catro municipios malagueños e obrigou a desaloxar máis de mil persoas.
Cobrou tamén a vida dun bombeiro forestal. Ao longo do día, incorporáronse máis de 40 medios aéreos e uns 400 efectivos por terra. O lume, que xa está practicamente perimetrado, queimou xa 5.000 hectáreas. As primeiras investigacións apuntan a que foi intencionado.