CRTVG

Buscar

O programa Focus Galicia permitirá dectectar casos non avaliados de hepatite C e VIH

Publicado o 20/04/2019 19:56

Os pacientes da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés van ser os primeiros en beneficiarse do programa Focus Galicia, que permitirá dectectar casos non diagnosticados de hepatite C e VIH. O número de persoas que descoñece ter estas enfermidades graves e contaxiosas é relevante.
"No caso do VIH das aproximadamente 7.000 persoas que haberá infectadas en Galicia estímase que o 20 por cento, non o sabe. No caso da hepatite C, da que na área de Pontevedra atendemos 850 pacientes nos últimos catro anos, estimamos que aínda hai 800 pacientes que descoñecen que teñen a enfermidade e que non poden acceder a un tratamento que cura a doenza", asegura Juan Turnes, xefe do servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Para identificar a poboación potecialmente susceptible de ter estas doezas infecciosas, o Sergas empregará unha ferramenta de intelixencia artificial que actúa sobre a historia clínica electrónica do paciente.

Juan Turnes di que cando "calquera persoa que vaia ao seu médico de atención primaria, vai haber un sistema de intelixencia artificial que identifica factores que predín risco de ter estas enfermidades en función da idade, de 20 a 70 na no caso da hepatite e de 20 a 59 no caso do VIH, e en función de se teñen algunha analítica para avaliar a presenza destes virus nos últimos cinco anos".

Os pacientes con risco de estar infectados poderán facer, de forma voluntaria unha proba. Nos casos positivos, prevese que comecen o tratamento en menos de sete días.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019