CRTVG

Buscar

Instalan unha tirolina xigante na Torre Eiffel que percorre 800 metros nun minuto

Publicado o 29/05/2019 18:22

É a mais recente atracción de Paris. É completamente gratis pero só estará dispoñible ata o dous de xuño. Falamos desta tirolina xigante que se instalou na Torre Eiffel mentres dure o torneo de tenis de Roland Garros. So se precisa un pouco de valentía para percorrer, nun minuto, os 800 metros que unen o segundo piso da Torre cunha plataforma instalada para a ocasión. A unha velocidade de mais de 100 km/hora.

Noticias web

29/05/2019