CRTVG

Buscar

Instalan unha carpa para desinfección de ambulancias no CHUO

Publicado o 15/04/2020 19:58



O traballo do persoal das ambulancias, cando levan pacientes de COVID-19 non remata co traslado ao centro sanitario. Hai que desinfectar o vehículo, con máquinas de ozono, e as persoas.

Desde que comezou a pandemia, o protocolo esixe unha serie de medidas de protección para evitar contaxios. Son imprescincibles, pero dificultan o labor asistencial.

Hoxe comezou a funcionar en Ourense este servizo, instalado ao pé do hospital, para axilizar o proceso de limpeza.

Noticias web

15/04/2020