CRTVG

Buscar

Instalan un punto para realizar probas de covid−19 no aeroporto de Santiago

Publicado o 29/09/2021 20:08


O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro é, polo momento, o único de Galicia que conta cun punto para a realización de probas diagnósticas da covid−19. Está na zona de facturación do primeiro andar da terminal. Este espazo estará aberto de luns a domingo de nove da mañá a sete da tarde.

Poderán facerse tests rápidos, PCR, antíxenos ou anticorpos. O servizo está orientado a pasaxeiros e turistas aos que se lles esixe presentar un resultado negativo en destino. Pódese reservar cita a través da páxina web de AENA. Este servizo está dispoñible en 14 aeroportos de España, incluído este de Santiago-Rosalía de Castro.

Noticias web

29/09/2021