CRTVG

Buscar

Inspeccionan con drons o estado das pracelas con maior risco de incendio

Publicado o 11/07/2019 16:36

Os terreos lindeiros ás vivendas nas 68 áreas con máis risco de incendio estarán limpos a finais de agosto, segundo a estimación que fixo esta mañá a Xunta. A través de drons, a Consellería de Medio Rural inspecciona o estado das parcelas antes de proceder á súa limpeza. Os datos que toman permitirán axilizar os traballos de limpeza.

O 60 por cento dos propietarios adheríronse ao convenio para limpar os terreos. A Administración asume a roza cun custo de 350 euros por hectárea. En caso de que non limpen, a Xunta pasaralles un factura tres veces maior e recibirán unha sanción que pode ir de 150 a 1.000 euros.

A finais de agosto a Xunta agarda que estean limpos os terreos próximos ás vivendas nas 68 áreas con máis risco de incendio.
 

Noticias web

11/07/2019