CRTVG

Buscar

Inspección de Traballo sancionou catro veces a petroquímica e abre unha investigación

Publicado o 16/01/2020 12:07
Inspección de Traballo sancionou catro veces a petroquímica e abre unha investigación

A Inspección de Traballo de Cataluña desvelou hoxe que IQOXE, a empresa onde explotou o martes un depósito de óxido de  etileno, foi sancionada catro veces nos últimos anos, con multas que oscilan entre os 2.000 e os 8.000 euros, por diversos incumprimentos de normativa, e avanzou unha investigación sobre este accidente.

O conselleiro de Traballo da Generalitat, Chakir El Homrani, asegurou que a Inspección de Traballo irá "ata o fondo para aclarar as causas e as responsabilidades dun accidente moi grave", que causou tres mortos e sete feridos.

El Homrani precisou que dos catro expedientes que culminaron en sanción, unha impúxose polas condicións de traballo e as outras tres por incumprimentos en materia de saúde e seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí