CRTVG

Buscar

Insólito o que tivo que facer Joel Sjöholm para poder golpear a bóla no Hero Open

Publicado o 03/08/2020 16:16

Máis golf. Atendan ao que pasou no Hero Open do circuíto europeo. Joel Sjoholm mandou a bóla a unha illa no medio do estanque. Para poder golpeala, e non mollarse, meteu os palos nun bote e trasladouse ata ali. Tivo que mover unha pancarta de publicidade antes de poder executar o golpe. Acadouno, devolveu a bóla preto do green antes de volver montarse no bote e completar o percorrido. Fixo un bogey nese buraco 17. Así o dexamos, sexan felices.

Noticias web

03/08/2020