CRTVG

Buscar

Innovación en biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa, futuro para a economía galega

Publicado o 22/11/2019 15:10

Para ter unha horta xa non é necesario a terra. Chega con ter auga e un sistema de cultivo hidropónico como o que deseñou unha empresa galega e que xa está a desenvolver ata en 25 países.

A busca de produtos innovadores, máis respectuosos co medio ambiente, é unha das vías de futuro do sector agroalimentario que representa o 10% do PIB de Galicia. Outro dos sectores estratéxicos é a biotecnoloxía. Con máis de 200 empresas, a nosa é unha das comunidades onde máis medra este sector. Entre as innovacións, produtos coma os que permiten a biopsia líquida.

Son algúns dos proxectos que viron a luz grazas a Agrobiotech. Unha iniciativa que permitiu sacar ao mercado medio cento de produtos novos incrementando a facturación de pequenas e medianas empresas en 6 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019