Inmigrantes do Aquarius pídenlle ao Goberno que regularice a súa situación
Publicado o 21/06/2020 12:49
A Asociación Aquarius Superviventes 2018 concentrouse en Valencia para esixirlle ao Goberno que regularice a todas as persoas solicitantes de protección internacional e a todas que estean en situación irregular independentemente do país de orixe ou da cor da pel. "Ninguén nace para ser refuxiado" clamaron durante a mobilización.
A frota do Aquarius chegou hai dous anos a Valencia con 629 migrantes de 26 nacionalidades despois de que Pedro Sánchez autorizara a súa entrada no país. Dese grupo, 78 marcharon a Francia e 551 quedaron en España.