CRTVG

Buscar

Inma Araujo: "Adoitamos a ver máis os agresores adultos, pero os inicios das agresións sexuais soen ser durante a adolescencia"

Publicado o 12/08/2019 10:31

Inma Araujo, psicóloga do Centro Alborada de Vigo, estivo este luns no plató do Bos Días onde falou do traballo que realizan. "Nós dentro do centro temos un perfil de mozos e mozas de entre 12 e 18 anos con situacións moi variadas: poden de inicio de condutas disociais, de consumo de drogas, poden ser por familias con problemáticas, por maltratos, por abusos... pero ten que ver con menores que sofren algún tipo de situación ou que están xerando algún tipo de problema", dixo.

Unhas das cuestións que máis preocupa é o dos abusos. Inma Araujo cre que "canto máis precoz sexa a detección, canto antes se poida frear o maltrato ou o sufrimento que estea padecendo máis doado será". "No caso das vítimas hai que traballar moito a autoestima, a sensación de culpabilidade", asegurou e "cando hai un vínculo entre agresor e vítima, require un traballo de profundo e hai un tema que aos terapeutas nos custa máis que é a disociación".

No caso de comportamentos adultos, esta psicóloga fai unha reflexión sobre a prevención: "Realmente nos medios adoitamos a ver máis os agresores adultos, pero os inicios das agresións sexuais soen ser durante a adolescencia".

Inma Araujo tamén falou sobre o traballo de prevención: "os que xa levamos anos traballando nos abusos e o maltrato infantíl víamos que o que faltaba era que puidésemos frealo. Foi cando se fundou a asociación Amino Galicia cando comezamos a traballar nese sentido. A vítima tense que ver reflectida noutros, e ver que a única solución que hai paralo é falar, e cos agresores igual". "Ademais -afirmou- é moi importante, que tanto profesionais como cidadáns á mínima sospeita denuncien. As veces frea o feito de que é só unha sospeita, pero despois son as autoridades as que investigan e ven se hai un delito".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí