Inleit investirá 16 millóns de euros nunha nova planta leiteira en Curtis
Publicado o 30/07/2021 13:05

O grupo leiteiro Inleit investirá 16 millóns de euros en levantar unha nova planta en Curtis.
Inleit é a filial galega de Liasa, que ten en Teixeiro a maior planta leiteira de Galicia. A empresa asegura que a boa marcha do negocio no que vai de ano lles permite reactivar os investimentos que quedaran paralizados tras a irrupción do coronavirus.