CRTVG

Buscar

'Inimitables' celebra esta noite os 25 anos do 'Xabarín Club'

Publicado o 18/04/2019 19:22

Quen non coñece a este porco bravo que está de aniversario? O Xabarín Club cumpre vinte e cinco anos. Vinte e cinco anos de historia, dende aquel 18 de abril de 1994 en que chegou as nosas pantallas. Suso Iglesias, creador do 'Xabarín Club' "O debuxante, Miguel Anxo Prado, dixonos así tomando café a Gonzalo Pintos, o realizador, e máis a min: Oe por que dentro da especie porcina, por que non un xabarín que é así máis bravo, máis capaz de representar un espíritu independente, pois ocurriusenos a idea do xabarín"

As súas series e, sobre todo, a súa música uniron a toda unha comunidade de nenos e mozos baixo o lema "Xeración Xabarín" "Xabarín non era só un programa para nenos entón a idea da 'Xeración xabarín' que podía ter éxito foi nese momento mesmo que pedimoslle a televisión que rexistrase a marca da 'Xeración xabarín'"

Unha xeración que se xuntou para conmemorar este aniversario nun programa especial de Inimitables. Nel non faltará a música nin os testemuños de numerosos socios do club máis famoso de Galicia, así como persoeiros que formaban parte da banda do Xabarín. Non o poden perder, esta noite na Televisión de Galicia

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019