CRTVG

Buscar

Iñigo Urkullu tende a man na súa investidura para afrontar "a lexislatura da COVID"

Publicado o 03/09/2020 15:09

Tamén o Parlamento vasco celebra hoxe o pleno de investidura de Iñigo Urkullu.

O candidato do PNV renovará o cargo de lehendakari por terceira vez consecutiva, desta volta con maioría absoluta ao sumar aos seus 31 deputados os dez do Partido Socialista. Urkullu tendeulle a man á oposición para afrontar a que denominou "lexislatura da COVID". O lehendakari en funcións tamén se marcou como obxectivo lograr un consenso para aprobar un novo estatuto baseado "nunha relación bilateral co Estado", dixo.

Noticias web

03/09/2020