CRTVG

Buscar

Competición suspende a íñigo López tras a entrevista que concedeu a un xornal

Publicado o 12/06/2019 20:28

A Federación solicitara esta mañá a suspensión cautelar do xogador tras a entrevista concedida ao xornal El Mundo para explicar a súa relación coa operación Oikos. O futbolista admite que existía un pacto co Nástic para que o Huesca, ascendido á primeira, perdera na última xornada da temporada pasada. Í

ñigo López confirmou que só coincidiu seis meses con Aranda e que nunca participou na trama de apostas. Di que non sabe nada do Valladolid-Valencia. Iso si, confesa que ao longo da súa carreira cobrou primas de terceiros por gañar, algo que cualifica de moi habitual no mundo do fútbol. 


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019