CRTVG

Buscar

Iniesta é dúbida para o encontro desta noite ante o Chelsea

Publicado o 14/03/2018 10:17

Hoxe será a quenda do Barcelona no Camp Nou. Barça-Chelsea, con empate a 1 na ida, en Stamford Brigde, e coa dúbida de Iniesta. Aquí teñen ao Chelsea, que ten as baixas de David Luiz e Barkley. A Conte preguntáronlle por Iniesta. O italiano desfíxose en eloxios sobre o futbolista manchego.

O Barcelona recibe o Chelsea á calor do empate a uns da ida, que non permite unha única lectura con vistas á volta.

Queda claro o perigo dos ingleses, que obrigan a tirar de galóns. Pero Valverde non ten claro se forzar a Iniesta.

A vitoria na Rosaleda reforzou a Dembelé. Tamén se agarda a mellor versión de Messi, que parou pola súa paternidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018