CRTVG

Buscar

Iniciativa Galega pola Memoria esixe que o Goberno autonómico aplique políticas de memoria

Publicado o 27/12/2019 13:40

Nunha reunión celebrada hoxe no Parlamento, Iniciativa Galega pola Memoria expuso ao Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto a súa declaración de principios para que dende o Goberno autonómico se leven a cabo unha serie de actuacións.

"Iniciativa Galega pola Memoria é unha rede de medio centenar de colectivos do país que o que tentamos desde o ano 2007/2008 é que neste país se fagan políticas de memoria, que haxa unha condena explícita do franquismo e que se loite contra a impunidade que supuxo a Lei de amnistía", explicaron os seus impulsores.

Noticias web

27/12/2019