CRTVG

Buscar

Iníciase o trámite ambiental para mellorar a conexión ferroviaria A Coruña-Ferrol

Publicado o 01/06/2020 12:56
Iníciase o trámite ambiental para mellorar a conexión ferroviaria A Coruña-Ferrol

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana inicia hoxe o trámite de avaliación ambiental do estudo informativo para construír un ramal de conexión entre as liñas ferroviarias León-A Coruña e Betanzos-Ferrol que evitará que os trens entre A Coruña e Ferrol teñan que pasar por Betanzos para invertir o sentido da marcha.

O estudo informativo, en fase de redacción, ten como obxecto o deseño dun ramal ferroviario de conexión entre as dúas liñas de aproximadamente un quilómetro e medio de lonxitude, que discorrerá en superificie entre Bergondo e Betanzos. Unha vez posto en marcha, axilizará as comunicacións entre A Coruña e Ferrol e reducirá o tempo do percorrido.

Unha vez vez finalizado o procedemento ambiental que se incia hoxe, co envío do proxecto ao Ministerio de Transición Ecolóxica o estudo informativo será sometido a información pública.