Iníciase o primeiro gran test de vacinación masiva contra a covid-19 en Galicia
• Mil persoas están citadas este xoves en Santiago para recibir a primeira dose
Comeza na Cidade da Cultura a xornada piloto de vacinación para as persoas entre 50 e 55 anos. Trátase dun auténtico cambio de fase no ritmo de vacinación en Galicia. Cunha xornada piloto en que se testarán osistema e os fluxos dun modelo de vacinación masiva que se vai estender despois a toda Galicia.
A partir das catro da tarde chegarán as primeiras persoas dese grupo de mil de entre 50 e 55 anos aos que se lles administrará a primeira dose da vacina de AstraZeneca.
A de hoxe foi unha mañá bulideira, repleta de preparativos, axustes e colocación de elementos na sala Einsenmaan da cidade da Cidade da Cultura, onde quedaron dispostos os puntos de vacinación da xornada piloto desta tarde. A campaña supera a fase intramuros e busca espazos amplos para vacinar a moitas persoas a un tempo.
"Temos 16 puntos de vacinación que temos aquí que co persoal poderíamos chegar a vacinar 8.000 persoas ao día", explicaba Eloína Núñez, xerente da área santiaria Santiago-A Barbanza.
Pero explican que aínda teñen capacidade para duplicar espazos, coa cal sería 16.000 persoas ao día maís as que poñen no hospital comarcal. Din que o músculo está preparada para a chegada masiva que anuncia on ministerio.
María Vitoria Carral, xefa de Enfermería di que "nesta área podemos dar unha ampla resposta a todo o que o Ministerio lle dea á Consellería de Vacinas e o que nos corresponsa por área sanitaria si que podemos dar unha resposta moi rápida".
Unha das principais novidades dos fluxos que hoxe se ensaian en Santiago é o sistema de citación, adaptado xa a capacidade tecnolóxica maior deste grupo de idade. "Estase testando tamén un recordatorio dunha chamada automática na que se pretende que os convocados confirmen asistencia", di Eloína Núñez.
A vacinación empeza polos apelidos en H dos nacidos entre o 11 de marzo do 65 e o 31 de decembro do 71.