CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Iníciase o período de exposición pública do anteproxecto da Lei do solo de Galicia

Publicado o 13/10/2014 21:24

Hoxe comezou a fase de participación pública do novo anteproxecto da Lei do solo de Galicia, que entre outros aspectos dedica especial atención á protección da paisaxe. O texto preparado polo Goberno galego endurece as medidas para evitar co chamado feísmo na construción e co espallamento de núcleos sen control na zona rural.


A paisaxe é o primeiro motivo polo que alguén decide visitar Galicia. Non só é un patrimonio natural; tamén é o motor de gran parte do tecido laboral e económico do país. Co anteproxecto da nova lei do solo a Xunta incrementa a protección desa riqueza con medidas que cualifica de claras, concretas e contundentes.


A lei recolle a obrigatoriedade de rematar o exterior das vivendas e prevé sancións para quen non cumpra. Ademais, limita a construción de novas edificacións no rural cando as xa existentes sexan susceptibles de rehabilitación. Hoxe iníciase o proceso de exposición pública do novo texto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/10/2014