CRTVG

Buscar

Inician os traballos para dragar a ría de Viveiro

Publicado o 22/04/2020 14:37

Na ría de Viveiro comezaron os traballos de dragado dos fondos, unha operación que non pasa desapercibida pola gran dimesión do barco que se encarga desta tarefa e que chegou ex professo de Dinamarca. 

Uns labores que hai tempo reclamaba o sector pesqueiro, xa que a acumulación da áridos no fondo da ría dificultaba as manobras de acceso aos peiraos de Celeiro.

A draga, que chegou de Dinamarca, non pasa desapercibida polo seu gran tamaño. Ten 75 metros e medio de eslora e case 13 de manga. 

Con marea alta traballa no canal para trasladar area preto de Covas e reparar os danos que a acción do mar causa nesta praia. Coa marea alta, como foi o caso desta mañá, draga a zona de lodos e os traslada nove millas mar adentro á altura de San Cibrao. 

As obras, promovidas por Portos de Galicia, deberán estar rematadas en sete meses e contan cun presuposto superior ao millón de euros. Cando conclúan os traballos, o calado medio da dársena de Celeiro será de entre 7 e 8 metros.

Noticias web

22/04/2020