CRTVG

Buscar

Inícianse os contactos para pactar o futuro dos acordos da UE e o Reino Unido

Publicado o 02/02/2020 14:47

A Unión Europea e o Reino Unido inician unha nova conta atrás para pactar o futuro antes de que acabe o ano. Mañá mesmo inícianse os contactos entre Bruxelas e Londres. Aquí, na capital británica, agardan coñecer mañá mesmo a proposta de Bruxelas para unha negociación que deberá estar baseada nos intereses comúns e nas liñas vermellas marcadas. Os vinte e sete marcan como obxectivo definir o documento nas vinderas semanas e aprobalo definitivamente o 25 de febreiro, nunha xuntanza de ministros ordinaria.

O Goberno británico presentará nos vinderios días as chaves da súa posición negociadora, aínda que o primeiro ministro, Boris Johnson, xa dixo que aspira a pechar un acordo de libre comercio antes de que remate o ano porque se nega a contemplar toda a opción de prórroga para aprazar a transición.

Noticias web

02/02/2020