CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Inician a rolda de contactos para buscar consenso na nova Lei do solo

Publicado o 23/10/2014 21:15

A Xunta e os concellos galegos empezan a falar da nova Lei do solo, para intentar que se aprobe co máximo consenso. Tras a xuntanza coa secretaria xeral de Urbanismo, os alcaldes valoraron a vontade de recoller no novo texto legal as achegas das administracións locais.

Tras a aprobación do anteproxecto da nova Lei do Solo no seo do goberno autonómico, comezou a rolda de contactos con distintos axentes para incorporar achegas e acadar un consenso. O primeiro deses contactos foi coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Desde a Xunta apostan porque a lei sexa duradeira, logo das once modificacións que sufriu en 12 anos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

23/10/2014