CRTVG

Buscar

Ingresan de urxencia a Berlusconi por un cólico nefrítico

Publicado o 30/04/2019 19:50

O ex primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, permanece ingresado, desde primeira hora da mañá, nun hospital de Milán. Polo de agora descoñécese o estado de saúde de Berlusconi, de 82 anos. Fontes da familia e do seu partido aseguran que padece un cólico nefrítico agudo, que non reviste gravidade e que podería ser dado de alta nas próximas horas.

Noticias web

30/04/2019