CRTVG

Buscar

Segue ingresado un bebé de cinco semanas con coronavirus en Pontevedra

Publicado o 05/09/2020 12:39

Segue hospitalizado en Pontevedra un bebé de cinco semanas que deu positivo en coronavirus.

Está ingresado e sendo observado no Hospital provincial, que integra a maternidade e as urxencias pediátricas. O neno está illado dos outros recén nacidos na área de escolares, no de lactantes. Este é o primeiro ingreso dun menor na área sanitaria de Pontevedra pola COVID-19.

Noticias web

05/09/2020