CRTVG

Buscar

Ingresado no hospital por inhalación de fume un home que foi evacuado por un incendio na súa vivenda en Baiona

Publicado o 11/11/2019 14:32

Sucedeu nunha vivenda de dous andares da zona vella de Baiona. Ao parecer, o lume orixinouse na planta baixa do inmoble, onde reside un home duns cincuenta anos. O lume sorprendeuno no interior da casa, pero puido pedir auxilio dende unha terraza. Foron os seus veciños os que alertaron os servizos de emerxencia.

Os bombeiros do Porriño evacuaron a vítima, que tivo que ser trasladada a un hospital vigués por inhalación de fume. Polo de agora descoñécnse a orixe do incendio e está aberta unha investigación para determinar as causas. O lume deixou danado o sesenta por cento da vivenda, sobre todo a planta baixa. Os operarios municipais tapiaron a entrada do inmoble para evitar complicacións, xa que podería haber risco de derruba.

Noticias web

11/11/2019