CRTVG

Buscar

Ingresa no hospital provincial de Pontevedra un segundo bebé con coronavirus

Publicado o 06/09/2020 15:28

Deron positivo as diferentes probas realizadas a un bebé de seis meses que ingresou o xoves pasado no complexo hospitalario de Pontevedra. Iso fai que sexan dous os meniños hospitalizados na área de pediatría desta zona sanitaria.

En Pontevedra son 308 as persoas en tratamento pola covid-19, una delas permanece na UCI, seis en planta e as restantes 301 seguen tratamento nos seus domicilios.

Noticias web

06/09/2020