CRTVG

Buscar

Unha nena dá positivo en coronavirus en Ourense pero xa superara a Covid-19 en abril

Publicado o 07/06/2020 21:26

Unha nena de dous anos está no hospital de Ourense. Ingresou esta fin de semana con febre e diarrea, fixéronlle a proba e deu positivo en coronavirus. 

A pequena xa superara a Covid-19 no mes de abril, ao igual que todo o seu núcleo familiar, os seus pais e irmán. Esta fin de semana troxérona de novo ata aquí, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, con síntomas de febre e diarrea. Quedou ingresada e os facultativos fixéronlle varias probas, entre elas unha nova PCR con resultado positivo. Din dende o Sergas que iso non significa que se trate dun caso activo, senón que no seu ADN existen aínda trazas do virus morto. Din que é algo moi común entre a xente que superou a enfermidade. A nena está illada e os síntomas que ten son compatibles cunha infección bacteriana común entre os nenos.