CRTVG

Buscar

Ingresa no cárcere un dos tres detidos pola morte de David Carragal

Publicado o 20/06/2019 10:52
Ingresa no cárcere un dos tres detidos pola morte de David Carragal

Ingresa no cárcere de Villabona, en Asturias, un dos tres homes de Llanes que se entregaron como responsables da morte dun mozo de Oviedo. O detido confesou ante o xuíz que lle deu unha patada á vítima, David Carragal, aínda que non precisou as consecuencias. Ten dezaoito anos e foi acusado de homicidio doloso.

Os outros dous mozos que se entregaron canda el quedaron en liberdade, pero coa obriga de estar á disposición do xulgado ata que as investigacións concreten o seu grao de responsabilidade nos feitos.

Noticias web

20/06/2019