CRTVG

Buscar

Ingresa no cárcere o falso médico ferrolán condenado por intrusismo e estafa

Publicado o 15/10/2020 09:46
Ingresa no cárcere o falso médico ferrolán condenado por intrusismo e estafa

Ingresou no cárcere do Pereiro de Aguiar o falso médico ferrolán José Manuel López, coñecido como Coté, para cumprir a condena imposta polo Tribunal Supremo polos delitos de intrusismo e estafa.

A pena é de catro anos e medio de prisión, un máis do que lle impuxera no seu día a Audiencia de Castellón por actividades realizadas nunha clínica de Vinaroz en 2009. A sentenza inhabilita a Coté para o exercicio de calquera actividade relacionada coa medicina durante tres anos e medio.

A sentenza do Supremo tamén condena a parella responsable da clínica.

Noticias web

15/10/2020