CRTVG

Buscar

Ingresa no cárcere de Teixeiro "El Piojo"

Publicado o 02/04/2021 09:08
Ingresa no cárcere de Teixeiro "El Piojo"

O cárcere de Teixeiro recibe a "El Piojo", Jonathan Moñiz Alcaide, de 37 anos de idade e aluniceiro "estrela" e considerado preso perigoso. Ingresou en prisión tras máis de 50 delitos.

Acaba en Teixeiro tras fugarse en febreiro xunto co seu irmán da prisión de Valdemoro, colgándose cunhas sabas dende unha fiestra. O seu irmán, alcumado "El Negro", segue en paradoiro descoñecido. O reo está agora en corentena, debido ao protocolo covid.

Noticias web

02/04/2021