CRTVG

Buscar

Ingresa no cárcere da Lama o presunto parricida de Sárdoma

Publicado o 15/01/2019 08:59

Xa está no cárcere da Lama Manuel Alonso, o home que supostamente matou o seu pai en Sárdoma. Así o decidíu o xuíz instrutor do caso, que decretou prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio.

Contra as cinco e media da tarde saía dos xulgados vigueses cara ao cárcere pontevedrés da Lama Manuel Alonso, o home de corenta e tres anos que, supostamente, matou a seu pai en Sárdoma. O xuíz instrutor do caso decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza por un delito de homicidio. A causa segue baixo segredo, aínda que transcendeu que o fillo pequeno da vítima declarou durante preto de dúas horas e a súa actitude foi colaboradora.

Tras o achado do cadáver o pasado luns, a policía centrou as pescudas na contorna máis próxima da vítima e foi precisamente durante un rexistro na propiedade que compartían pai e fillo, aínda que en dúas casas, cando Manuel Alonso fillo se derubou e confirmou a autoría do crime, quedando xa detido. Esta tarde tivo lugar no templo parroquial de Sárdoma un funeral na honra do falecido. O seu corpo foi soterrado na máis estrita intimidade hai días.

Noticias web

15/01/2019