CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión un veciño de Marín que lle roubou 100.000 euros e xoias á súa caseira en Pontevedra

Publicado o 30/05/2019 19:32
Ingresa en prisión un veciño de Marín que lle roubou 100.000 euros e xoias á súa caseira en Pontevedra

Ingresa en prisión un veciño de Marín que lle roubou 100.000 euros e xoias á súa caseira en Pontevedra. O home, de 34 anos e con antecedentes policiais, foi detido como suposto autor dun delito de roubo con forza no interior dunha vivenda, outro de roubo con intimidación e varios furtos en tendas de Marín.

A vítima ten unha vivenda con cuartos alugados, e mentres os limpaba, o supusto ladrón colleu as chaves da outra vivenda en que reside a muller e subtraeu duas cartillas bancarias, multiples xoias e uns 100.000 euros.

Axentes de Marín e Pontevedra deron co suposto autor do atraco e o seu botín nun hotel da capital do Lérez. Impútanselle ademais varios furtos de xoias ao descoido en varios establecementos de Marín, e xa se lle imputaron no pasado delitos de furto a vendedores da ONCE.



 

Noticias web

30/05/2019