CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión un delicuente reincidente tras ser sorprendido roubando nunha tenda en Ribeira

Publicado o 06/09/2021 13:41

Varios veciños alertaron a Policía Local de Ribeira pouco antes das 8 da mañá do sábado ao escoitaren o barullo cando o presunto delincuente escachou coa tapa dun sumidoiro o cristal da porta desta tenda de roupa de fogar na rúa Cristóbal Colón. A rápida intervención dos axentes permitiu collelo na allada e recuperar a mercadoría, valorada nuns cinco mil euros.

O delincuente, de 43 anos, natural de Madrid pero asentado en Ribeira, reaccionou de xeito violento e mesmo agrediu un dos axentes que o detiveron. Durante o traslado no coche patrulla foi dando cabezadas contra o panel de seguridade e tiveron que trasladado ao centro de saúde para que lle subministrasen un tranquilizante. Logo pasou a disposición da Policía Nacional, que o levou ante o xuíz.

Investigan se tamén intentou asaltar este supermercado previamente co mesmo método. O presunto delincuente xa fora detido pola mañá por subtraer unhas bicicletas en Coroso e quedou en liberdade con cargos. Non correu a mesma sorte cando compareceu ante o xuíz tras ser sorprendido roubando nesta tenda. O maxistrado decretou o seu ingreso en prisión.

Noticias web

06/09/2021