CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión por roubar cinco bolsos polo método do tirón

Publicado o 16/05/2018 14:54

Roubaba bolsos polo método do tirón, coa particularidade de que o seu 'modus operandi' provocaba ás veces lesións ás vítimas. Os tiróns eran máis violentos porque os facía desde unha motocicleta, así que as persoas roubadas adoitaban caer ao chan mentres o delincuente fuxía a toda velocidade. Ten 35 anos e acaba de ingresar en prisión despois de ser detectado por varias cámaras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018