CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o home acusado de matar a sua tía en La Laguna

Publicado o 04/06/2021 08:49
Ingresa en prisión o home acusado de matar a sua tía en La Laguna

Ingresou en prisión o home acusado de asasinar a sua tía de 82 anos no concello tinerfeño de La Laguna. O corpo da muller foi localizado o luns na súa casa despois de que os veciños alertaran os servizos de urxencias porque levaban días sen vela. O cadáver presentaba signos de violencia. Pouco despois detiveron o sobriño, de 49 anos, que vivía no mesmo edificio e que ao parecer tiña mala relación coa falecida.

Noticias web

04/06/2021