CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o home acusado de matar a súa parella en Almería no mes de xullo

Publicado o 01/11/2019 14:41

Xa está no cárcere o home acusado de matar a coiteladas á súa parella o pasado mes de xullo en Almería. Os investigadores xa sospeitaban da parella da falecida, pero as últimas análises de restos biolóxicos recuperados do cadáver levaron á súa detención. O home, de 50 anos, está acusado de asasinar a coiteladas á súa parella. O corpo da muller foi descuberto cando levaba días morta nunha vivenda propiedade do irmán do detido cando os veciños se queixaron do cheiro que saía da casa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019