CRTVG

Buscar

Información Local A Coruña

Información de balde para que quen emigrara a Cuba recupere os seus ben

Publicado o 10/04/2014 20:32
Moitos emigrantes galegos abandonaron Cuba entre o 1959 e o 1962. Daquela deixaron propiedades na illa e agora os seus descendentes intentan recuperalos. Hoxe, fillos e netos de emigrantes galegos, participaron nun encontro para informarse como poden recuperar eses bens. Unha empresa ofrécelles asesoramento de balde para reclamar ao Goberno de Castro a devolución do seu patrimonio expropiado polo réxime.
Son descendentes das familias que marcharon de Cuba hai máis de cincuenta anos deixando aló as súas casas, empresas, fábricas, cartos e outros moitos bens. Uns bens que foron expropiados e estatalizados pola revolución cubana.
odos queren intentar recuperar o seu patrimonio dos seus. Buscan axuda na empresa1898, unha compañía española dedicada á recuperación do Patrimonio en Cuba. Ofrécelles asesoramento de balde para reclamarlle ao réxime castrista a devolución dos seus bens incautados ou a súa correspondente indemnización.
Segundo unha estimación divulgada nos anos setenta destacaba que as propiedades dos galegos en Cuba poderían superar os 700 millóns de dólares da época, o patrimonio español máis elevado, xa que a colonia galega é a que máis peso ten na illa xunto coa asturiana.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí