CRTVG

Buscar

Inés Rey e Sánchez Bugallo precisarán o apoio doutras forzas para gobernar

Publicado o 30/05/2019 19:24

Na Coruña, a candidata do Psdegá, o segundo partido en votos na cidade, vai iniciar conversas con BNG e Marea Atlántica para intentar conformar un goberno de esquerdas.
En Santiago o socialista Sánchez Bugallo foi o gañador pero tamén precisaria o apoio doutras forzas. 

Son as festas da Ascensión e toca confraternizar entre os líderes políticos locais. O vencedor das municipais e o desaloxado da alcaldía coincidiron comendo o polvo na Alameda. Martiño Noriega evitou facer declaracións políticas. A Sánchez Bugallo non lle bastaría o apoio do BNG, precisaría o de Compostela Aberta para conformar unha maioría.

 Xosé Sánchez Bugallo. Candidato do PSdeG á alcaldía de Santiago: "O importante é que o bon clima de hoxe continúe nos días seguintes e que a parte de celebrar xuntos as festas sexamos quen de traballar xuntos por Compostela e de poñernos de acordo en definir cales son as necesidades fundamentais da cidade para entre todos servir aos veciños de Compostela.

Pero para Xosé Manuel Beiras, de Anova, partido integrante en Compostela Aberta os resultados das municipais parecen confirmar unha das teorías sobre a orixe do nome da cidade, a que cre que ven de 'compositum' que significa deposito de restos humanos en descomposición.NaCoruña, a candidata do Psdegá, o segundo partido en votos nacidade, vai iniciar conversas con BNG e Marea Atlántica paragobernar. Confía en contar cos do ainda alcalde en funcións a pesar da súa retirada.

Inés rey, candidata do PSdeG á alcaldía da Coruña: "Entendo que a marcha dunha persoa, neste caso de Xulio Ferreiro non vai afecta en ningún modo á gobernabilidade ou non debería afectar á gobernabilidade"

Inés Rey desbota calquera entendemento co PP para gobernar en María Pita.
 

Noticias web

30/05/2019