CRTVG

Buscar

Irene Marín, UNICEF: "28 millóns de nenos viven expulsados dos seus fogares fuxindo da guerra ou da pobreza"

Publicado o 20/06/2019 10:27

Hoxe, 20 de xuño, comemórase o Día Mundial do Refuxiado; unha expresión de solidariedade, sensibilización e responsabilidade con todas as persoas refuxiadas.

Segundo os datos de ACNUR, Alto Comisionado das Nacións Unidas para o Refuxiado, actualmente hai máis de 70 millóns de persoas refuxiadas, desprazadas e/ou apátridas no mundo. Delas, aproximadamente a metade son desprazadas internas, desarraigadas dentro dos seus propios países.

Para contarnos a realidade das persoas desprazadas dos seus fogares por confictos ou desastres e en especial dos máis vulnerables, os nenos, no Bos días entrevistan a Irene Marín, de UNICEF Galicia.

Segundo ACNUR, momento hai arredor de 28 millóns de nenos desprazados ou refuxiados en todo o mundo.

"Eses 28 millóns, aproximadamente, son os nenos que tiveron que fuxir por causas de conflito ou guerra: hai arredor 20 millóns de nenos que tiveron que fuxir por mor da pobreza; deles, 10 millóns de nenos son refuxiados emigrantes que están en movemento cara a un destino, en tránsito".

"Aínda que falemos de refuxiados, de emigrantes, os nenos son sempre nenos: teñen que xogar, que aprender, que cantar... é preciso crear espazos para os nenos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019