CRTVG

Buscar

Inés Arrimadas proponlle ao PP presentarse xuntos en Cataluña, Euskadi e Galicia

Publicado o 31/01/2020 16:39

A portavoz de Ciudadanos no Congreso  proponlle ao PP candidaturas conxuntas en Galicia, Euskadi e Cataluña. Di Arrimadas que os constitucionalistas teñen que unirse para evitar que gobernen os nacionalistas porque, segundo a portavoz de Ciudadanos, o único queren é seguir debilitando España.

"Os números din que é unha posibilidade e que para nós é unha oportunidade para intentar buscar a mellor fórmula para frear un goberno nacionalista tamén en Galicia", apunta Arrimadas.

 

Noticias web

31/01/2020