CRTVG

Buscar

Inés Arrimadas postúlase para presidir Ciudadanos

Publicado o 18/11/2019 10:35

A portavoz de Ciudadanos no Congreso, Inés Arrimadas, vese "forte, valente e á altura das circunstancias" para asumir o liderado do partido, pero aínda non presenta a súa candidatura, explicou, porque hai uns prazos que cumprir. 

"Na vida hai que dar pasos á fronte" e ela dixo que está preparada para facelo nunha entrevista en Antena 3, unha semana despois da dimisión de Albert Rivera e tras recibir un apoio case maioritario para presentarse.