CRTVG

Buscar

Industrialización e escaseza de man de obra cualificada, retos do sector da construción

Publicado o 09/04/2021 21:26

A crise financeira de 2008, que paralizou case por completo o sector da construción, mudou a forma de construír das empresas españolas e tamén galegas.

O abandono dos procesos artesanais deu paso a unha construción máis intensiva onde gaña peso a prefabricación dalgúns elementos. O sector camiña así cara a súa industrialización.

A axenda verde ou a dixitalización dos procesos son retos aos que ten que dar resposta o sector se quere producir de modo industrial.

Para o sector urxe, amais, dar solución á escaseza de man de obra cualificada.
 

Noticias web

09/04/2021