CRTVG

Buscar

Industria asegura que Alcoa e Parter asinarán a compravenda este mércores

Publicado o 02/07/2019 23:16
Industria asegura que Alcoa e Parter asinarán a compravenda este mércores

O secretario xeral de Industria en funcións, Raul Blanco, asegurou que Alcoa e Parter asinarán este mércores "un acordo de compravenda", aínda que recoñeceu que hai que ser "moi prudentes", visto "como foron as negociacións". Blanco afirmou durante as mencións honoríficas do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid que desde o Goberno esperan que os traballadores "dean por pechado o acordo" e engadiu que hai que ser " prudentemente optimistas". En canto ás afirmacións dos sindicatos de sentirse desamparados por parte das administracións, Blanco insistiu en que o Goberno "seguirá presente" e non se levantou en ningún momento da mesa de negociacións. Alcoa e o fondo Parter alcanzaron o pasado domingo 30 de xuño un principio de acordo para a compravenda das factorías do grupo alumínico en Avilés e A Coruña, que contempla seguir traballando ata o 31 de xullo para establecer as garantías da operación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019