CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Indonesia merca seme de rubia galega para mellorar a produción de vacún no país asiático

Publicado o 09/12/2015 15:21





Galicia exportará seme de raza rubia galega a Asia. Unha delegación de Indonesia visitou Lugo para mercar entre 10.000 e 15.000 doses. Queren cruzar a raza galega coa autóctona de alá, para conseguir carne de máis calidade, e de paso facer a produción máis rendible.

A raza rubia galega chegará a Indonesia para mellorar a producción cárnica. Unha delegación desta país asiático visitou Lugo para ultimar un acordo coa asociación de criadores que contempla mercar doses de seme extraidas aos bois nas instalacións de Xenética Fontao. O obxectivo é cruzar a raza rubia galega coa autóctona para lograr mais produccion e tamén mais calidade na carne. A principal ventaxa e que poderán reducir de 20 a 9 meses o tempo de espera para sacrificar a res.

Indonesia toma como exemplo a experiencia de países como Brasil, que leva varios anos importando seme de rubia galega con resultados moi positivos. Os criadores de Acruga manteñen abertas tamén negociacións con países como Marrocos, Bolivia ou Libia para exportar o seme de sementais galegos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí