CRTVG

Buscar

Inditex supera os 12.000 millóns en vendas nos primeiros seis meses do ano

Publicado o 12/09/2018 14:58

Inditex superou por primeira vez os doce mil millóns en vendas nos seis primeiros meses deste ano, cun incremento do 3% sobre o mesmo período do ano pasado. A empresa informa que, sen a desvalorización de varias moedas, o negocio medraría un 8%. Asegura, tamén, que os incrementos se dan en todos os mercados, mesmo nas vendas en Internet. Neste primeiro semestre fiscal, que vai de febreiro a xullo, o benefico neto tamén rexistrou un record: 1.409 millóns, un 3% por riba do 2017.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018